Importante

Entrar






Esqueceches o contrasinal?
Quen somos
Escrito por O Bandullo Ecoloxico   
Martes, 03 de Febreiro do 2009
Cada día hai evidencias máis claras de que a agricultura actual está a destruír as sociedades rurais, o medio ambiente e a saúde de todos nós, ao tempo que engrosa os beneficios económicos das grandes empresas.

A chamada "agricultura ecolóxica" preséntase como unha alternativa a isto, pero polos intereses en xogo no sistema económico actual, ten unha presencia moi reducida no mercado. Neste momento, non hai produción porque non hai consumo, e non hai consumo porque non hai produción. En consecuencia, os alimentos ecolóxicos son produtos difíciles de atopar no mercado convencional, ademais de ter prezos moi elevados. Semella que a preocupación polo medio ambiente e a saúde queda reservada para os consumidores ricos.

Bandullo ecolóxico como asociación de consumidores de produtos ecolóxicos, quere romper con isto e pretende ofrecer aos consumidores alimentos producidos de acordo co:

Respecto ao medio ambiente.
Respecto ás sociedades rurais.
Respecto á saúde dos consumidores

O noso obxectivo é consumir alimentos sans tanto para nós como consumidores como para a terra, e que ademais polo seu prezo e dispoñibilidade estea ao alcance da maioría.

Asumimos a necesidade de fomentar o consumo de produtos ecolóxicos e artesáns que cumpran as condicións de produción definidas por nós, e por iso, periodicamente visitamos as explotacións para comprobar se o proceso de produción se axusta aos nosos criterios e tentamos ter un contacto directo e fluído entre produtor e consumidor.

Conseguimos todo o anterior repartindo, de forma voluntaria, o traballo entre os socios, formando diversos grupos: produtores, secretariado, difusión, pedidos e repartos.


Dispoñemos dunha gran variedade de produtos entre os que se encontran os produtos frescos de temporada como hortalizas, verduras, lácteos, froita, carne, ovos; produtos non frescos e a granel, como froitos secos, pastas, legumes, sucre; produtos envasados como envasados cárnicos, envasados lácteos, soia, viño, vinagre, zumes, aceite, cacao, café, chocolate, conservas vexetais; produtos de droguería como limpadores varios, pasta de dentes, compresas, champús, xabóns, cremas.

O proceso para realizar a compra de produtos é o seguinte:

A asociación contacta cos produtores e establece un listado de produtos dispoñibles por semana.
Cada asociado realiza un pedido semanal de produtos frescos a partir deste listado, e ademais, no local hai produtos envasados e a granel a disposición dos socios. O listado dos produtos actuais pódese pedir no noso local, chamando por teléfono ou ben, a través da dirección de correo electrónico.
Na semana seguinte, o socio pode recoller o pedido, pagalo e facer o pedido da semana seguinte.
Última actualización ( Venres, 13 de Febreiro do 2009 )
 

Quen está en liña

© 2009 O Bandullo Ecolóxico
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.